Presentación

Fundada en 1.979, FRIG-BAR S.L. estivo presente en numerosas instalacións frigoríficas e de maquinaria para a hostelería e alimentación. Os máis de 25 anos de experiencia fan que destaque entre outras empresas do mesmo sector.


Atención, seriedade e servizo son as normas de conducta a seguir por Frig-Bar S.L.; a súa actividade principal é a de instalar e manter en perfecto estado os aparatos elixidos para cada negocio. Con 1.500 m2 de superficie dividímonos en: xerente, departamento comercial, administración e finanzas e servicio técnico. Representamos as mellores marcas do mercado esixindo que cumpran os nosos requisitos de calidade e acreditación tanto a nivel técnico como estético. Temos como obxectivo conseguir a satisfacción das expectativas dos nosos clientes.

Galardonada por "A Asociación de empresarios do Barbanza" co Dólmen de Ouro 1.998 grazas ó esforzo e desenvolvemento xerado pola empresa durante todo este tempo.

Pertecemos ó Clube de Partners SANTOS INNOVA: a maior rede de distribución nacional,encargada de importar e comercializar os productos máis innovadores do sector, a través da súa seleccionada Rede de Distribuidores.

Desde o ano 2.006 Frigbar s.l. é a empresa do Clube encargada de facer chegar as INNOVADORAS tecnoloxías a Galicia.